Os lugueses son os galegos que máis rendibilidade sacan ás súas prazas de garaxe

- Publicidad -

O investimento na compra dun aparcamento para alugar permite obter un beneficio do 4,86 por cento en Lugo, moi superior ao 3,57 por cento da media galega

Os lugueses son os galegos que máis rendibilidade obteñen ao mercar prazas de garaxe para posteriormente dedicalas ao aluguer, tal e como conclúe un estudo realizado por Walicia, o primeiro portal inmobiliario 100% galego, nas cinco principais cidades da comunidade.

A rendibilidade bruta na cidade da muralla ascende ao 4,86 por cento, unha cifra moi superior á media de Galicia, que se sitúa no 3,57 por cento. Neste ámbito, Lugo tamén se atopa sensiblemente por riba da segunda urbe da rexión, A Coruña, onde o dato é do 3,51 por cento. O ranking complétano Vigo (3,37%), Ourense (3,29%) e Santiago de Compostela (2,81%).

O informe resulta especialmente interesante para comprobar como as prazas de garaxe estanse a converter nun valor refuxio ante a inestabilidade da renda variable. “Non supoñen unha inversión importante. Aínda que non retornan unha rendibilidade excesivamente atractiva, si son máis seguras. Ademais, apenas teñen custo de mantemento como si ten un piso”, explica José Viqueira, fundador de Walicia.

- Publicidad -

Lugo sácalle máis partido ás súas prazas de garaxe malia ter os estacionamentos máis baratos. O prezo medio de venta é de 10.340 euros e o de aluguer sitúase en 41,96 euros. Con todo, existen outros motivos. “O caso de Lugo explicase en parte porque é unha cidade onde hai menos mostra, polo que o risco é superior. Ao haber menos problemas para aparcar o inversor asume máis risco, algo que soe ir emparellado á rendibilidade”, detalla Viqueira.

Pola contra, son os habitantes das dúas cidades máis poboadas de Galicia, Vigo e A Coruña, os que máis diñeiro teñen que desembolsar para poder adquirir o alugar unha. De feito, a praza en venta máis cara está situada na Rúa da Reconquista, no centro de Vigo, por un prezo de 70.000 euros e A Coruña é a cidade galega coa renda mensual máis alta cos 135 euros mensuais que hai que pagar para poder estacionar na rúa Juana de Vega.

La Rentabilidad de las plazas de garaje en las 5 ciudades principales de Galicia - Walicia

A urbe herculina é, en termos xerais, a máis custosa para aparcar, xa que o aluguer medio é de 64,68 euros ao mes e para facerse cunha praza en propiedade hai que desembolsar 22.134 euros de media.

Vigo, mentres tanto, é la segunda máis cara para arrendar, con 59,24 euros de media, aínda que é a terceira para mercar, con 21.119 euros. Neste terreo supéralle Santiago de Compostela cun prezo medio de compravenda de 22.007 euros. Con todo, a renda mensual por un aparcamento na capital de Galicia é de só 51,47 euros. De aí que conte coa rendibilidade bruta más baixa de la comunidade.

“Por razóns obvias, as dúas cidades máis grandes teñen os presos máis elevados de aluguer porque teñen máis actividade laboral e nas zonas céntricas medra a dificultade para aparcar, algo que se aproveita á hora de investir en prazas de garaxe”, comenta Viqueira.

Finalmente, o estudo elaborado por Walicia reflicte que adquirir unha praza en Ourense custa de media 19.431 euros e alugala sae por 53,27 euros.
La Rentabilidad de las plazas de garaje en las 5 ciudades principales de Galicia - Noviembre 2017 - Walicia

Cales son os estacionamentos máis caros en cada cidade?

Aínda que a praza de garaxe á venda máis cara de Galicia está na Rúa da Reconquista de Vigo, o aluguer máis custoso da cidade olívica atópase na rúa Policarpo Sanz, cun prezo de 102 euros, moi preto dos 100 euros que hai que afrontar cada mes para deixar o coche na praza de Compostela.

Esas cantidades están sensiblemente por debaixo dos 135 euros da citada rúa Juana de Vega de A Coruña, e dos 120 euros que se piden nas rúas Pontevedra, San Andrés ou Juan Flórez. Así é todo, aínda que nestas vías o estacionamento é caro, o máis custoso pódese achar na rúa Padre Feijóo por 63.000 euros.

Ese mesmo importe é o que hai que pagar para comprar nas rúas Rosalía de Castro e Curros Enríquez de Santiago. En Compostela, o arrendamento máis alto está en República Arxentina, con 75 euros ao mes.

Mentres, en Ourense a praza máis cara atópase en Ramón Cabanillas (37.000 euros), seguida de Valle Inclán (35.000 euros). Ademais, as rendas máis elevadas na cidade das Burgas están no Parque de San Lázaro e na avenida da Habana (100 euros).

Por último, á hora de procurar as prazas de garaxe máis caras por cidades, Lugo aparece de novo como a urbe máis económica. A máis custosa, por un prezo de 25.000 euros, está situada na praza de Santo Domingo, emprazamento que tamén ten o alugar máis alto (95 euros ao mes).

- Publicidad -

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here