En Walicia pensamos que é posible mercar unha boa vivenda a un bo prezo, e por iso queremos amosarche cinco pisos -un en cada capital de provincia e mais outro en Vigo como cidade de maior poboación- que podes adquirir por menos de 100.000 euros. Fai clic nas fotos para visitar cada un deles.

Vigo
A urbe máis grande de Galicia ten un prezo por metro cadrado alto, pero buscando ben pódense atopar inmobles coma éste no barrio de Coia, unha zona que está chea de servizos e hai tempo deixou atrás a súa mala fama. Esta vivenda está totalmente reformada, polo que non hai que lle engadir custes a maiores. Está dispoñible por 95.000 euros e ten 3 habitacións e 78 metros cadrados.

A Coruña
Na cidade herculina imos optar pola opción contraria: mercar un piso moi económico para logo reformalo. Este inmoble da rúa San Jaime custa só 48.000 euros e conta con tres dormitorios e 80 metros cadrados. Con esa marxe de diñeiro tan ampla pódese, como mínimo, dispor de nova cociña, baño e renovar portas e armarios.

Ourense
A quen non lle gusta escoitar a palabra “dúplex”? Pois en Ourense véndese éste de dúas habitacións, dous baños e 62 metros cadrados na avenida de Portugal, diferenciando a zona común dos dormitorios. A vivenda, que roza os 100.000 euros, está equipada e nun bo estado, polo que se pode entrar a vivir directamente.

Lugo
lugoAquí temos outro dúplex, pero este aínda máis grande (80 metros cadrados) e máis barato (80.000 euros). O máis salientable é o seu amplo salón. Ten dous dormitorios e dous baños. Só precisa de decoración ao gusto do comprador. Dispón de garaxe e bodega.

Pontevedrapontevedra
Tamén ao fío dos 100.000 euros está este apartamento na cidade do Lérez. 65 metros cadrados moi ben distribuídos cun salón espazoso, ao que hai que sumar dous dormitorios e dous baño. Inclúe garaxe e bodega e, segundo informan os seus vendedores, ten boas vistas e está “practicamente a estrear”.